terça-feira, novembro 01, 2005

"LA PORTA DI SAMAIN" NON TEN TRUCO... NEN TRATO


Outro ano máis... De certo que teño a sensación de cambio estes días; a escuridade e o frío pasan a ser os protagonistas. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, o Samaïn, marcando a transición ao inverno. Cando era pequena miraba para o campo que rodeaba a casa do meu tío Gilito (que non era millonario) e habían unhas cousas redondas que alumeaban na noite. Eran cabazas. Lembro que os cans ladraban e eu morría de medo, mais sempre volvía mirar para o campo, aínda que lle pedía á miña nai que me acompañase... Hai anos lembreime disto e creo que é impresionante que conservemos algo de tanta antigüidade. Non conservamos costumes que tiñan os nosos avós ou incluso os nosos pais e conservamos algo anterior ao Imperio Romano, de máis de tres mil anos antes de Cristo. É impresionante, mais temos que ter moi claro as súas orixes. Digo isto porque hai unha hora unha nena nas escaleiras da casa da miña moza díxome "Truco o trato". Non sei exactamente en que consiste iso, mais sóname de velo nas series norteamericanas e creo que lle dan caramelos ou cartos. O caso é que lle dixen a rapaza que non sabía o que me dicía e puxen cara de estrañada, que realmente é a que me quedou, pois non estou acostumada a estas cousas. Pasouvos a vós? Algunha nena ou neno chamou á vosa porta con esa frase? Creo que o "Halloween" se está asentando na nosa cultura co seu lado máis comercial e americano e perdendo o espírito que ten dende hai máis de seis mil anos. Ás veces dou en pensar que é unha sorte que na vida dos meus pais non entrara a televisión ata hai uns cerca de vinte anos. En fin, Feliz Ano Novo Celta a todos.

3 Comments:

Blogger Mer said...

Feliz ano a tí tamén.
Esa noite saín de copas e paseina brindando ao ritmo do chin-chín ¡FELIZ ANO NOVO!

5:22 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Infatuation casinos? enquiry this latent [url=http://www.realcazinoz.com]casino[/url] advisor and cheat evasively online casino games like slots, blackjack, roulette, baccarat and more at www.realcazinoz.com .
you can also into our untrained [url=http://freecasinogames2010.webs.com]casino[/url] spur the mode at http://freecasinogames2010.webs.com and sporadic out of order chief blather !
another adscititious [url=http://www.ttittancasino.com]casino spiele[/url] post is www.ttittancasino.com , consummately than of german gamblers, name magnanimous online casino bonus.

6:13 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

top [url=http://www.001casino.com/]free casino[/url] hinder the latest [url=http://www.realcazinoz.com/]casino bonus[/url] manumitted no store bonus at the chief [url=http://www.baywatchcasino.com/]casino games
[/url].

1:48 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home