RETRATO AUTO SEN LEYCA
Aprendendo a escribir coa luz,
emulándote,
Querendo cumprir obxectivos ...
Conxelándome, quizais para sempre
Conxelándote nos arquivos do meu maxín
Non sei gardar esa distancia mínima de enfoque
Cada vez que pecho os ollos gardo unha imaxe de ti
Imaxes indelébeis e nítidas sen flashes
Nin nada que nos pareza artifical
3 Comments:
gústame a foto e a cámara. mágoa que eu non saiba sacar ben as fotos... xD
Grazas polo teu comentario no blogue, se queres deixame unha mensaxe e podo facer un para ti. Dime cal queres que sexa o tema... bicos
úrsuliña, vai facer dous meses que andas perdida ¿?
bicos,
Enviar um comentário
<< Home