A CAIXA ESTÚPIDA
Há dias que nom podo ver a tele e há dias que vejo a tele cinco horas seguidas que logho servem para vomitar palavras que aparecem nesta pantalha e som creadas com a malahostia das minhas falanges hiperactivas quando lembro isto que conto a continuaçom. Vejo anúncios de carros, todos feitos para homes botando mam da mulher objeto que nom é autosuficiente para mercar um volvo, eles si som autosuficientes para mercar um polvo... Vejo anúncios de detergente nos que so aparecem mulheres, que passa, os homes nom fregam? Nom, eles se refregam...Vejo mulheres esqueletes sem olhos de vidro que tenhem os dias contados nessas passarelas por mor dos seus kilo-gr-anos, feminiedade que nos vendem com data de caducidade como si se trataram dum iogurte de fresa sem conservantes nim colorantes, elas, pobres vitimas que nom podem ter umha enchenta de lacom com ghrelos... Vejo mulheres de punta em branco e tacom mais grande que a sua minisaia... mulheres que algumha vez vim pola rua... Supon-se que assi som as mulheres; levam saias, maquilhagem, tacons, pendentes, nom arroutam nem se cagam em Dios, nom cambiam as rodas do seu carro, e vam juntas ao banho mas nom mexam de pé... Elas nom som coma ti nim coma mim. A elas a regra nom lhe doe, todo o contrário, deve dar-lhe muito prazer... Como era isso; apaga la tele y estimula tu clítoris...
10 Comments:
Kpulla, tinhas q m ter avisado d q volveras a screver no teu blog.
Beijos
pois si, o mellor que podemos facer por nós é iso, apagala e darlle unha alegría ao corpo
Yo también me apunto a lo del clítoris... bueno... no... a ver... o sea...
Digo que es cierto, la televisión tiene la extraña peculiaridad de dar categoría de realidad a muchas cosas, por más artificiales que estas sean, como muchas de las que comentas en el post.
Un saludo.
Como dín os DKTC na súa canción -Apaja a TV faime caso ou vaite pa cama ou mellor tirai pola ventá...
Que razón teñen!!!.
Unha apertá.
:)
Lo decían también Tam Tam Go!...
"Era un hombrecito enamorado de una caja.
Desde su rendija espia todo lo que pasa.
Lo debora todo pero nada le interesa.
Es el onanista de la caja de sorpresas."
Aupa el onanismo, pero el de toda la vida.Saludo!
Hai algun onanismo que non sexa o de toda a vida?
moi boa esa canción!!
A radio é moito mellor!! Estimula a imaxinación e pla noite está chea de maxia!!
PD: Grazas por postear no meu blog
tou ata o carallo de que a xente pense que por escribir en inglés xa imos entender todo, ale, a mamarla!
Xunto co Tamiflú, a "Television é the drug of a nation",podes escoitala en http://theplatform.nuevaradio.org/aud_MDL.htm
Unha opiña Kompañeira
...abaixo os tacóns, o pote, e todo o que pretenda converternos en barbies, arriba a manta mollada! e o azul do coxín...
Enviar um comentário
<< Home