segunda-feira, abril 06, 2009

"OS GALEGOS XA NON SOMOS TONTOS"


Non hai moitos días lin na prensa que ían sacar do dicionario da RAE o termo tonto como sinónimo de galego… En fin, supoño que sempre hai cousas máis importantes, como adaptar palabras do inglés do campo semántico do fútbol, claro, como orside (iso que é, unha adaptación a la andaluza de offside? seica agora xa non se di “fuera de juego”? Certo é que contra o fútbol non se pode competir, nin sequera nos ámbitos culturais e eruditos… Orside, mi arma, que los gallegos ya no somos tontos!.. A historia de sempre; cantos séculos necesitamos para enmendar erros? Significa isto que está superada a lenda negra contra Galiza agora que xa non somos tontos? Esa lenda que comezou hai máis de cinco séculos... Voume remontar, pois, ás orixes da nosa estupidez... cando comezamos ser tontos...
Érase unha vez un pobo que sufriu diferentes invasións das máis cruentas e sanguinarias tribos, dos exércitos mellor organizados, dos máis ferventes e fanáticos relixiosos etc. e puntos suspensivos... mais isto non foi nada comparado coa chegada ao poder dos reis católicos; Fernando, inspirador do Principe de Maquiavello, e a súa muller Isabel de los malos aires... Con eles viña o seu confesor, Torquemada, que chegou ao cargo porque o seu antecesor fora supostamente asasinado por unha panda de xudeus... el só mataba por ritual, non asasinaba...je. Un bo equipo, sen dúbida, estarán bailando con Hitler e unha gran maioría a la derecha de dios... Con eles veu a Inquisición, e a Doma e castración de Galicia, ademais da vergoña, o medo, a intolerancia, o autoodio, o bilingüísmo (que eufemismo tan bonito!) e a lenda negra contra Galiza..., esa lenda que percorreu séculos e alimentou xente letrada como Lope de Vega, ninguneando as “Cantigas de Santa María, e desprovendo aos galegos de dotes literarias (que curioso que sexamos o único país do mundo que ten feriado o seu Día das Letras Galegas), Unamuno que dicía; ese pueblo está permanentemente llorando, con gaita y sin ella ( que lle pregunten ás tropas de Napoleón se chorabamos...) e sobre todo Góngora, para quen as mulleres galegas eran todas gordas, vacas, rollizas e de anchos culiseos (cus)... Ese home de nariz superlativo que andaba á procura de mecenas para que o manteran e logo di que o noso chan está menos varrido que regado... En fin, Gongorilla, non tes desperdicio. Velaí vai:
Oh, montañas de Galicia,
Cuya, por decir verdad,
Espesura es suciedad,
Cuya maleza es malicia,
Tal, que ninguno codicia
Besar estrellas pudiendo,
Antes os quedais haciendo
Desiguales horizontes;

Estes albaneis galegos deberon de beber muita caña, que lle quedaron tortos os horizontes, je...
Que grandes cabezas pensantes, que gran século de ouro, que grandes e históricas meteduras de pata... mais estas facetas dos grandes eruditos non as ensinan na escola... ja
En fin, non deixa de ser unha boa nova que xa non sexamos tontos. Un gallifante para la RAE, e a ver se outras cousas non tardan cinco séculos en solucionarse.

Tonto: adj. Falto o escaso de entendimiento o razón. Sin. Fernando, Isabel, Torquemada, Hitler, Unamuno, Lope, Góngora, Franco, Aznar…
Mira que ten sinónimos este termo!





2 Comments:

Blogger Mer said...

por fin voltaches, eu xa non che visitaba, nunca había un novo post, este é moi bo, sí, señor, poñendo os puntos sobre as íes e os tontos/lerdos/parvos onde teñen que estar

3:10 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... simit placa - consultar simit por placa - consultar simit por placa - reporte del dicom gratis - consultar runt por placa

8:53 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home