terça-feira, outubro 25, 2005

LÚA DE FOUCE

Se pensades que na nosa música de raíz tradicional hai pouco máis que facer, estades errados. Lúa de Fouce é a última testemuña do noso panorama musical. Música 95% de autor, nova, fresca, sen conservantes e con moito colorante, que en breve plasmarán nun cd. que poderedes piratear.
Estades todas convidadas e convidados a pasar un bo rato na mellor tasca de Compostela, coñecida mundialmente como "A de Morgan" ou "Xa Chegou" na Algalia de Abaixo. Guitarra acústica, máxico acordeón, platos novos que estrea a percusionista e unha voz feminina que estremece ata as pedras da Quintana. Non deixedes de vir. Domingo 28, nove e media da noite. Apagaremos o fútbol da TV... Comida galega, viño, licor do negro café e muita enerxía... Os porros hai que fumalos fóra.